Guangdong Southern Tigers
Guangdong Southern Tigers | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Guangdong Hongyuan Southern Tigers (广东宏远华南虎) |
Liga | CBA (Sur) |
Alcume | Southern Tigers |
Fundación | 1993 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Grupo Guangdong Hongyuan |
Adestrador | Jonas Kazlauskas |
Localización | |
Cidade | Dongguan, China |
Pavillón | Centro Deportivo Dongguan |
Capacidade | 16.133 |
Inauguración | 31 de agosto de 2014 |
Campionatos | |
Liga | 8 (2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013) |
winnerway.163.com |
Os Guangdong Hongyuan Southern Tigers (chinés simplificado: 广东宏远华南虎, chinés tradicional: 廣東宏遠華南虎) ou Guangdong Southern Tigers, tamén coñecidos por motivos de patrocinio como Guangdong Dongguan Bank, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Dongguan (Guangdong). O club é propiedade do Grupo Guangdong Winnerway (Hongyuan). Os Southern Tigers son un dos equipo máis exitosos da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, tendo gañado até oito títulos de liga, récord só igualado polos Bayi Rockets. Tamén son o único equipo que foi capaz de disputar todos os play-offs polo título da CBA desde a súa fundación en 1995. O equipo xoga os seus partidos como local no Centro Deportivo Dongguan, recinto con capacidade para 16.133 espectadores. Ocasionalmente, por motivos publicitarios, o equipo xoga algúns partidos como local noutras cidades do Delta do Río da Perlas como Zhongshan ou Zhuhai.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1993, os Southern Tigers son o primeiro equipo do Club de Baloncesto Guangdong Southern Tigers. O club foi o primeiro equipo profesional de baloncesto non-gobernamental da China en ser fundado. Ademais do primeiro equipo, o club ten tres equipos filiales. Esstes filiais son conxuntamente administrados polo club e a Axencia de Deportes Provincial de Guangdong. Moitos xogadores de baloncesto famosos en xogo da China para o club. Das categorías inferiores do club xurdiron moitos coñecidos baloncestistas chineses.
Os Southern Tigers son dos equipos máis destacados da historia da Chinese Basketball Association (CBA), competición da que son un dos membros fundadores. Na temporada 1995−96, a primeira da CBA, os Southern Tigers chegaron á final da competición, onde perderon ante os Bayi Rockets por 0−2. Na temporada 2002−03, conseguiron volver a disputarar unha final após sete anos, aínda que se saldou de novo cunha derrota ante os Bayi Rockets (1–3). O primeiro título chegou na seguinte temporada, devolvendolle a derrota aos Rockets. Entre 2003–04 e 2010–11 o equipo gaña sete de oito campionatos de liga, sendo a única tempada onde non se levaron o título a 2006–07. Na súa filas participaron xogadores que anterior ou posteriormente xogaron na National Basketball Association (NBA), como Yi Jianlian, Laron Profit, David Harrison, Aaron Brooks ou James Singleton.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Li Chunjiang
- Zhu Fangyu
- Du Feng
- Chen Jianghua
- Yi Jianlian
- Zhou Peng
- Li Qun
- Wang Shipeng
- Ding Wei
- Andrew Nicholson
- Jeff Adrien
- Carlos Boozer
- Aaron Brooks
- Will Bynum
- Justin Carter
- Peter Cornell
- William Cunningham
- / Ike Diogu
- Jason Dixon
- Marcus Haislip
- David Harrison
- Lester Hudson
- Royal Ivey
- Fred Jones
- Darius Morris
- Lamond Murray
- Smush Parker
- Josh Powell
- Laron Profit
- Brett Rainbow
- James Singleton
- Donald Sloan
- Terrence Williams
- Khalif Wyatt
- Edwin Jackson
- Emmanuel Mudiay
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (8): 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013
- Subcampións (5): 1996, 2003, 2007, 2012, 2017